Skip to main content
Actualidade

Cinco comunidades de montes de Castro de Rei acordan o deslinde

Por 7 Outubro, 2020Sin comentarios

As comunidades de montes veciñais en man común de Castro de Rei de Ludrio, Viladonga, Ansemar, Loentia e Bendia, veñen de realizar o deslinde dos montes en convenio coa administración forestal tras chegar a un acordo.

O delinde fíxose en consenso e os responsables xa acudiron ao xulgado a unha conciliación para oficializarlo quedando unicamente por facer a especificación en plano.

Entre as cinco comunidades de montes de Ludrio, Viladonga, Ansemar, Loentia e Bendia suman máis de 2.000 hectáreas de terreos e aúnan a uns 250 comuneiros. Tras resolver todos os papeis fixéronse devasas nos límites das comunidades de montes e colocáronse mouteiras para marcar o novo deslinde.