Skip to main content
Actualidade

Amigus Labs, das Pontes, celebra este sábado unha xornada de portas abertas

Por 8 Outubro, 2020Sin comentarios

O colectivo Amigus Labs das Pontes celebra este sábado, 10 de outubro, unha xornada de portas abertas para mostrar como funciona o Fab Lab, que actividades se realizan ou como poder asociarse para empregar eset servizo, no que se realizan diferentes actividades vinculadas á tecnoloxías e contan con impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura, etc.

De feito, están a rematar estes días a montaxe dunha impresora 3D de gran formato. Nesta xornada do domingo pode participarse na parte de configuración do Marlin da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, de que partes se compón cada unha das súas pezas e como se configura e nivela.

Para asistir é necesario reservar praza a través do correo amigus@amiguslabs.org, estarán de 10:00 a 14:00 en Amigus Labs, na Praza do Hospital nº 14.