Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha Tasca do Liño con aforo restrinxido celebrarase o 24 de outubro

Por 9 Outubro, 2020Outubro 10th, 2020Sin comentarios

Pois este ano, e por mor da covid, a XII Edición da Tasca tradicional do Liño de Insua, que se vai celebrar o sábado 24 de outubro, vai ser de menor formato, tratando de reducir riscos e controlando aforo. De feito, no  campo onde se celebra habitualmente haberá control de acceso para informar das normas covid, haberá xeles para limpeza de mans e será obrigado o uso de máscaras e mantemento da distancia de seguridade.

O programa arrincará ás 16.00 horas coa presenza de representantes do Concello e da Deputación de Lugo, ambos os dous colaboradores no acto. A continuación proxectarase o documental O liño arte e Cultura, dirixido e producido pola Asociación de veciños de Cabreiros e no que as mulleres de Insua aportan todo o traballo das demostracións do proceso do liño.

Tamén durante a tarde farase a entrega dos premios do I Certame  de poesía e III de debuxo infantil Insua e o liño. Non faltarán tamén as demostracións en vivo das tarefas do liño a cargo das mulleres da asociación. Completarase o programa cunha actuación de música tradicional.

Xa está aberta convocatoria para os postos artesáns e no exterior haberá unha exposición de fotos sobre os 12 anos do noso traballo.