Skip to main content
Actualidade

O Concello de Castro realiza as obras da vía de Quintela a San Martiño de Goberno

Por 10 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei está a iniciar estes días varias obras de reparación e acondicionamento de vías en diferentes parroquias do termo municipal.

Con cargo ao Plan de Camiños da Xunta estase a facer a vía que une as localidades de Quintela e San Martiño de Goberno, “unha vía moi transitada xa que prolonga por dúas zonas de concentración parcelaria”, explica o alcalde, Francisco Balado. Esta obra ten un orzamento de arredor dos 65.000 euros co obxectivo de botar rego asfáltico de tres capas.

Despois con cargo aos fondos municipais estanse a acometer obras  tamén nas parroquias de Triabá, San Martiño de Goberno e Santa Leocadia, correpondentes a un proxectos que estaba presupuestado en algo máis de 45.000 euros.

Así mesmo, tal e como explica Balado, se están a facer traballos de bacheo, con cargo a recursos propios, en distintas parroquias. Xa finalizaron os realizados en Pacios, Prevesos e Ponte de Outeiro e agora actuarán nas zonas de Azúmara, Loentia e Ludrio.