Skip to main content
ActualidadeXermade

Organizan unha sesión de animación á lectura na bibioteca de Xermade

Por 11 Outubro, 2020Sin comentarios

A biblioteca de Xermade con motivo da celebración o 24 de outubro do Día Internacional das Bibliotecas organizará unha actividade de animación á lectura o 16 de outubro ás 6 da tarde, que consisitirá nunha sesión de narración oral a cargo da grovense Atenea García da compañía Xarope Tulú. Vai dirixido a nenas e nenas maiores de 3 anos.

A activdade precisa inscrición previa na biblioteca xa que o aforo é limitado para poder garantir todas as medidas de distanciamento físico e hixiene fronte á covid-19.