Bonos consumo Vilalba

Baixan os delitos penais en Rábade

A xunta de seguridade de Rábade deu conta da baixada dos delitos neste municipio nun 5,1% pasando das 77 infraccións penais rexistradas no ano 2018 ás 73 do pasado.

Segundo os datos que manexa a Subdelegación do Goberno, 49 destes delitos correspóndense con delitos graves e menos graves, entre os que se incrementaron os cometidos contra o patrimonio, pasando de 21 a 25, e contra as persoas, que subiron de 2 a 7.

Pola contra baixaron os de seguridade colectiva, de 14 a 8 e contra a libertade sexual, que non tiveron rexistros o pasado ano. Ademais, súmanse 24 infraccións leves.

Tamén informaron na xunta que a Garda Civil detivo a 16 persoas pola súa implicación en delitos, co destacado caso dun veciño que foi detivo polo asasinato do seu irmán.

Pola súa contra, a subdelegada, Isabel Rodríguez, explicou que no 2020 levan rexistradas 7 denuncias por violencia de xénero e hai 6 casos no sistema Vioxen.

Outro asunto abordado na xuntanza foi a marcha dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade, condicionados este ano pola pandemia do COVID-19. Por este motivo, a Garda Civil non puido realizar todas as actividades que tiña programadas nos centros escolares de Rábade.

A suspensión das clases nos centros escolares obrigou a deixar pendentes 7 charlas que estaban programadas. Ata esa data realizáranse outras 7 charlas que trataron sobre riscos na Internet e novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero e drogas e alcol.

Etiquetas