Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Fabril fíxose co XXIII Trofeo President en Vilalba

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios

O Fabril venceu ao Rácing Villalbés por un único gol no estadio da Magdalena e se fixo deste xeito co Trofeo President, que organiza o club de Vilalba todos os anos e que chegaba nesta ocasión á XXIII edición.

Un gol de Rayco bastou aos branquiazuis para anotarse o triunfo.

O presidente do club entregoulle unha placa conmemorativa a Daniel Fuhrer, director industrial de Lactalis Iberia, en agradecemento pola súa continua colaboración ao longo de todos estes anos.