Skip to main content
Actualidade

O BNG de Castro quéixase do estado dalgunhas zonas verdes

Por 15 Outubro, 2020Sin comentarios

Membros do BNG de Castro de Rei fixeron público o seu malestra polo estado “no que se atopan os espazos públicos no noso Concello”.

Segundo indicaron as zonas verdes están pouco coidadas e poñen como exemplo os arredores do Colexio, a área de autocaravanas, o centro de saúde e agardería.

Aseguran que esta situación é debido a que “hai un operario do Concello que por mor de estar averiado un dos tractores que se dedica á limpeza de vías leva máis de dous meses de vacacións na súa casa…cremos que para adecentar isto chega co uso de pequenas ferramentas”, subliñan.

Así mesmo protestas polas pintadas que existen en varios edificios públicos e que non foron retiradas.