Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade fará unha nova xornada de promoción do cooperativismo o 31

Por 15 Outubro, 2020Sin comentarios

Seguindo na liña de promocionar o fórmula empresarial cooperativa o Concello de Xermade celebrará o 31 de outubor unha xornada divulgativa con xente vinculada ao cooperativismo no Concello de Xermade.

Esta sesión dará comezo ás 11.00 horas e prolongarse ata as 13.30 horas, na escola de Cabreiros, onde se celebrará o evento cun aforo limitado polas medidas covid-19

Aproveitarse ese día para presentar un proxecto de “recuperación” dunha variedade de chícharo, o chícharo da Cova, e para facer unha pequena degustación entre os asistentes, a cargo de Susana Trastoy, técnica da cooperativa Almoga.

Previamente, ás 11.15 haberá un relatorio de José Ángel Blanco, SAT Cavadas e presidewnte de Clun, que agrupo Feiraco, Irmandiños e Melisanto. Tamén estarán Fina Felpeto, preisdenta de Almoga, e Xosé Manuel Fernández, Santa, veterinario e socio do gabinete Terra Chá.

Os interesados en participar poderán facelo no telefóno 982 501 001.