Folquiada actúa este sábado en Carballo, Friol

A Área Recreativa en Carballo, Friol, acolle estes sábado, 17 de outubro a actuación do grupo de música tradicional Folquiada.

O concerto dará comezo ás 17.00 horas e entra dentro dun ciclo xenérico con título Música ao natural.

Este concerto está organizado polo grupo Carballo Vivo e está subvencionado polo programa Musiqueando da Deputación Provincial.

Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade.

Etiquetas