Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A asociación contra o cancro de Guitiriz inicia as súas actividades

Por 19 Outubro, 2020Sin comentarios

A Xunta Local da Asociación contra o cancro de Guitiriz inicia hoxe as súas actividades dando comezo ao taller de teatro, que se desenvolverá en dúas horas cada luns de 16:30 a 18:30 na Escola Habanera. Aínda hai prazas vacantes e o monitor será, coma sempre, Anxo Manuel.
Esta asociación impartirá tamén diferentes talleres ambiantais. O primeiro será de Poda en plantas ornamentais, tanto arbustivass como arbóreas, impartido pola enxeneira agrónoma Noelia López López. Terá lugar o día 31 de outubro dende as 10 da mañá ata as 14 horas. Consta dunha parte teórica e outra práctica e enmárcase nas actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño que xestiona e financia a Deputación de Lugo. Impartirase gratuítamente na Escola Habanera e haberá 9 prazas.
O segundo curso versará sobre Herbas máxicas, fabricación de ungüentos, impartido por Amparo Grandío Rodríguez, licenciada en tecnoloxía dos alimentos, enxeñeira técnico agrícola e diplomada en Ciencias Químicas. Terá lugar o día 7 de novembro dende as 10 ás 14 horas. Consta dunha parte teórica e outra práctica e enmárcase dntro das actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño que xestiona e financia a Deputación de Lugo. Impartirase tamén gratuítamente na Escola Habanera e haberá 9 prazas.
Outra das actividades en marcha é a venda de lotería en participacións de 6 euros, cun de recargo en favro da AECC. Hai varios voluntarios, algún en locais comerciais e bares, outros individualmente.
Tamén, a beneficio da asociación están á venda pequenos dispensadores de xel hidroalcólico para mans a un prezo de tres euros.
Este ano, con motivo da covid-19 non se fixo a cuestación anual pero, en substitución, creáronse huchas dixitais. Accédese a través do enlace https:/yoayudo.aecc.es/huchadigital/2000559800.
Tamén realizarán unha venda de plantas en Lugo, concretamente na Muralla, o domingo 25 de outubro, tal e como veñen facendo os últimos anos.
A asociación continúa tamén co programa de voluntariado, acompañamento, xestións para que dende a AECC provincial se axude e asesore a enfermos e familiares de enfermos, péstamos de material. Non dubides en contactar con nós para pedir axuda e tamén para informar de persoas ou familias que poidan necesitala.