Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte FS abre o prazo de inscrición das escolas

Por 19 Outubro, 2020Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte abriu xa o prazo para inscribirse nas categorías de base do Concello de Begonte Fútbol Sala. Así, poderán participar todos os pequenos e pequenas da localidade que naceran entre 2017 e 2002 para inscribirse nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
Se a situación o permite, os adestramentos darán comezo en novembro seguindo estrictamente todos os protocolos e as recomendacións sanitarias.
O prazo de inscrición manterase ata o 30 de outubro e esta deberá formalizarase no rexistro do Concello de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas presentando debidamente cuberto o modelo de solicitude ou mediante a sede electrónica do Concello de Begonte.
Este ano , as escolas terán un custe de 20 euros ao mes, agás na categoría biberón que serán a metade. Aplicarase unha redución do 15% para segundo fillo, do 25% para o terceiro e do 50% para o cuarto que asista a fútbol sala.
Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto no teléfono 982 396 143.