Skip to main content
Actualidade

Comezan e rematan obras de mellora de camiños nas parroquias das Pontes

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes continúa coas obras de mellora dos camiños municipais co inicio das obras do vial que une Pontoibo con Marraxón para dotalo da calidade estrutural, comodidade e seguridade necesarias neste tipo de estradas.
Os traballos que se están acomentendo permitirán a ampliación da plataforma en 50cm dentro da zona de dominio público mediante a compactación dunha capa de zahorra artificial e unha capa de hormigón bituminoso de 6 cm.
O proxecto, que forma parte do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, tamén permitiu a rehabilitación dos viarios en Terbá e o Cornocelo, obras con orzamento conxunto de 58.617 euros.
En Terbá, estendeuse unha nova capa de rodadura de formigón bituminoso mentres que no vial do Cornocelo procedeuse á mellora do firme coa reparación dos baches existentes e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamento superficial con grava, continuando co mesmo tipo de afirmado existente na actualidade.
Nos tres viarios realizáronse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procedeuse ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes. Todas as actuacións complétanse coa sinalización horizontal e vertical dos viarios.