O Concello de Friol convoca as axudas para escolares de infantil

O Concello de Friol vén de abrir o prazo de inscrición para as axudas ao alumnado do ciclo de infantil, unha medida que subvencionará ata o 50% do coste do material escolar que os nenos e nenas precisen para esta tempada escolar. Esta axuda ten como finalidade colaborar coas familias do municipio na compra de material conseguindo minimizar o desembolso económico que cada familia ten que facer nestas datas co comezo de período escolar.

O prazo de presentación das axudas prolongarase ata o 30 de novembro. Esta deberá presentarse nas oficinas do Concello ou mesmo do CPI Doutor López Suárez.

O Equipo de Goberno dirixido por Jose Á. Santos considera necesario investir nos máis novos do pobo, polo que se decidiu dar unhas axudas económicas directas a todos os nenos e nenas que cursen algún dos cursos de infantil no colexio público de Friol.

Xunto coa solicitude deberán presentar tamén as facturas de ter comprado material escolar, sempre que sexa en establecementos sitos no propio municipio de Friol.

Etiquetas