O Concello de Meira licita o SAF para tres anos tras subir o importe do servizo

O Concello de Meira volveu sacar estes días a liciitación o Servixo de Axuda no Fogar, procedemento que quedara deserto hai un ano ao non presentar oferta ningunha empresa.

Esto foi debido a que na anterior convocatoria o prezo era moi inferior polo que nesta ocasion subiron o importe total do servizo ata os 599.000 euros para un período de tres anos.

Deste xeito a oferta actual indica que se pagarán 15,30 euros por hora fronte aos 12,30 da anterior convocatoria. As anualidades serán de 183.040 eros para 11.000 horas no 2021, ao ano seguinte serán mil horas máis por 199.680 euros e seguirían aumentando no 2023 con 13.000 horas e 216.320 euros.

O SAF de Meira comezou a funcionar no 2015 con algo máis de 4.000 horas de servizo, pero nos últimos catro anos a demanda duplicouse. No último ano este aínda seguiu crecendo moito razón pola que a contrata conta con incrementos anuais.

O prazo de presentación de ofertas remata o 2 de novembro e unha das condicións do contrato é a subrogación da traballadora social así como das 14 auxiliares.

Etiquetas