O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte entra no programa de innnovación Club de Letras

O Ceip Virxe do Corpiño resultou admitido nun novo programa de innovación educativa: o Club de Letras, que ten como obxecto potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais.

“A temática elixida nesta convocatoria sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais é o coidado, entendido nun sentido amplo desde a comprensión da responsabilidade e da corresponsabilidade na atención das tarefas e dos labores para a atención das necesidades de quen está padecendo unha situación de vulnerabilidade”, explican.

Ademais, a admisión do colexio neste programa de innovación suporá unha dotación económica para o centro de 1.000 euros.

Etiquetas