Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O PSOE pide a Agricultura que se teñan en conta ás organización no decreto dos puríns

Por 26 Outubro, 2020Sin comentarios

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, apelou ao Ministerio de Agricultura para que teña en conta as alegacións das organizacións agrarias de Galicia ao borrador de decreto de fertilización da terra.

De feito, os socialistas galegos presentaron ao Ministerio de Agricultura un informe de apoio a esas alegacións, a fin de que se “atendan con sensibilidade”.

Nese informe, reflíctense inexactitudes nas medicións das emisións das explotacións de vacún, e polo tanto unha baixada da contaminación por amoníaco no aire, uns datos contrastados polos investigadores do CIAM e os estudos do Ministerio.

Ademais, aborda a prohibición da aplicación de puríns por vía do prato ou abanico sen facer un tratamento diferenciado das zonas, os tipos e o tamaño das explotacións, ao tempo que indica as dificultades que implican para as pequenas explotacións gandeiras e as complicacións na orografía galega.

Así pois, o parlamentario socialista presenta unha batería de alternativas para loitar contra a contaminación do aire e o solo polos puríns, como son o dimensionamento axeitado das fosas e a súa cubrición, o enterramento do purín inmediatamente despois de aplicalo, a formación de costra na fosa, a súa aplicación en función das condicións meteorolóxicas ou empregar árbores e setos nas lindes das parcelas, “de acordo cos compromisos ambientais con Europa”.

Xunta de Galicia

O responsable socialista esíxelle ademais á Xunta de Galicia que “deixe de mirar para outro lado e actúe con medidas eficaces para reducir ás emisións ao aire e á terra en zonas con maior concentración de amoníaco no aire ou nitratos no solo”.