Bonos consumo Vilalba

Remata a remodelación da cociña do CEIP Terra Chá

O Ceip Terra Chá vén de rematar a obra de reforma da cociña do centro, instalando unha freidora. O longo destes tres últimos cursos produciuse unha renovación da cociña por un importe arredor de 25000 euros, subvencionados pola Consellería de Educación de forma directa, polo que non supuxo custe directo ós orzamentos anuais do centro.

Neste tempo de traballo da cociña incorporáronse cociña, lavalouzas, mesa quente, fregadeiro, freidora e mesas de apoio-suplemento.

Segundo indican dende o centro, “desta forma a calidade do servizo de comedor de xestión directa mellora sustancialmente, o que fai que os produtos queden mellor elaborados e se cociñen nun tempo menor o que fai que o alumnado o deguste máis recentemente elaborado”.

COMEDOR

Debido ás novas medidas da Xunta en relación aos comedores ábrese unha lista de colaboradores de comedor para cubrir baixas de colaboradores xa que a día de hoxe está funcionando correctamente.

Poden apuntarse como colaboradores familiares que conviven co alumno na casa  e ten que facese antes do 30 de outubro enviando un correo ao centro ceip.terra.cha@edu.xunta.es co seu nome e apelidos; ou un whap ó 651010011.

Os colaboradores pasarán a cobrar 12.50 euros por día, en vez de 9,39 euros como ata o 30 de setembro. Esta subida salarial é ata que finalice a pandemia covid-19

 

Etiquetas