Bonos consumo Vilalba

A Xunta de Goberno de Castro aprobará o proxecto de mellora do abastecemento de auga

O Concello de Castro de Rei ten previsto aprobar este mércores, 28 de outubro, en Xunta de Goberno Local, o proxecto de Mellora da rede de abastecemento de Castro de Rei na súa primeira fase. Este paso dase tras rematar o prazo de información pública.

O proxecto está previsto que sea licitado por Augas de galicia cun orzamento total de 628.000 euros onde o Concello aportará o 20% do custe total, que financiará a propia entidade autonómica.

“Dende o Concello valoramos moi positivamente a execución desta obra, que sen dúbida vai mellorar a distribución na rede de abastecemento de auga en distintas parroquias como Bendía, Matodoso, Triabá, San Xiao de mos, Ribeiras de Lea, Castro Ribeiras de Lea, Duarría e Loentia xa que nos últimos anos tivemos períodos de escaseza coincidindo cos meses de verán, nos que se incrementan as temperaturas”, explica o alcalde, Francisco Balado.

A previsión do Concello e conseguir rematar as obras a mediados do ano 2021, “momento no que os problemas de falta de abastecemento quedarán solucionados”, din.

Etiquetas