A CHMS limpa a zona das Insuas do Miño, entre Rábade e Begonte

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finaliza os traballos de mellora a capacidade de desaugadoiro en As Insuas do Miño, entre os municipios lucenses de Rábade e Begonte.

Da inspección previa observouse a presenza de múltiples árbores caídas, secos e inclinados cara ao leito, ademais de abundante vexetación en ambas as marxes que chega a invadir o propio leito e provoca acumulación de restos vexetais en todas as obras de paso do tramo de actuación.

Para solucionar esta problemática procedeuse á retirada de árbores caídas ou secas ou, en casos moi puntuais, desestabilizados con perigo de caída ao leito, que provocaban a acumulación de restos arbóreos e tapóns, afectando ao discorrer das augas; tamén se realizaron podas sanitarias e resalveos para mellorar da estabilidade da vexetación e para facilitar o fluxo en casos de avenida, diminuíndo así o risco de inundacións.

Estes traballos, que finalizarán nuns días, están a ser realizados por unha brigada composta por 5 operarios, que traballaron durante dous meses nesta zona de especial protección, LIC Parga-Ladra- Támoga.

As actuacións previstas, cuxa investimento superará os 49.000 euros, finalizarán nos próximos días.

Etiquetas