Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello das Pontes reparte as axudas á escolarización

Por 28 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes reparte as axudas á escolarizaciónO Concello das Pontes repartiu 25.000 euros entre as familias pontesas, a través do programa municipal de axudas para a escolarización, dirixidas á atender os gastos orixinados polo inicio do curso escolar 2020-2021.

A través desta axuda, o Concello das Pontes trata de contribuir coas familias da localidade nos gastos que resultan imprescindibles para a formación das súas fillas e fillos e que dificultan a xestión das economías familiares ao comezo do curso escolar, agravadas este ano pola crise derivada da pandemia do COVID19.

Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros e material escolar do alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do municipio.

Como novidade para este ano, as familias beneficiarias poden empregar a subvención concedida en material informático. “Durante a crise sanitaria comprobamos que non existían en todos os domicilios equipamento informático necesario para adaptarse ás clases que se impartían de xeito telemático. En plena era dixital, facilitar o acceso a estas ferramentas é fundamental para garantir o dereito á educación, especialmente cando se dan situacións de aillamento de grupos nos colexios e institutos” apunta Tania Pardo, concelleira de Benestar Social e Educación.

No caso do alumnado de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, a axuda alcanza os 30 euros. Para Educación Infantil, de 3 a 6 anos, a contía elévase a 100 euros, ao igual que para Educación Primaria e Secundaria. Nos ciclos Formativos e no Bacharelato a axuda chega ata 140 euros e o alumnado matriculado en FP básica recibe axudas de 80 euros.

“Desde a Concellería de Benestar Social erradicar a desigualdade é un dos nosos obxectivos, especialmente no ámbito da educación. Facemos todo o posible, dentro das nosas compentencias, para dotar de material escolar ao alumando das Pontes para que non estean en desventaxa e a súa educación non se vexa afectada; o noso obxectivo é que accedan a unha educacion en igualdade de condicións” explica a concelleira responsible da área, Tania Pena.