Bonos consumo Vilalba

O Outeiro de Rei FS reununcia a competir durante a pandemia

O Outeiro de Rei FS reununcia a competir durante a pandemia O Outeiro de Rei de fútbol sala (antes Santa Isabel) anunciou nun comunicado a súa decisión de non iniciar a competición este ano debido á situación epidemiolóxica que atravesa o país. O conxunto tiña que competir este ano no grupo 8 de Terceira División nacional, pero decidiu unirse a equipos como Baíña, Vila de Cee, Unión GR9 e Os Tres Cuñados -este de Segunda B- na decisión de non participar esta tempada.

Os cinco clubs expóñense a unha sanción administrativa e económica pero entenden que as circunstancias sanitarias obrigan a deter o arranque da competición, previsto para o 15 de novembro tras un aprazamento xa que nun principio ía empezar en outubro.

Tanto Baíña, Vila de Cee, Unión GR9 e o Outeiro de Rei FS –fusionado este verán co Santa Isabel, nome polo que é coñecido na competición– reuníronse de maneira telemática nos últimos días e xa mantiveron contactos directos coa Federación Galega de Fútbol e a Xunta, aínda que de momento sen avances significativos.

Expoñen este clubs como solución aprazar o inicio a competición ata o mes de xaneiro de 2021.

Etiquetas