Empresarios de Sete Pontes piden axudas para o sector hostaleiro

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba fixo un comunicado de apoio ao sector hostalaeiro, un dos grandes perxudicados polo toque de queda convocado polo Goberno central para tentar frear o avance da pandemia e pide novas axudas para paliar os efectos económicos.

“Dende a Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba facémonos eco da dramática situación pola que está pasando o sector da hostalaría a consecuencia desta crise sanitaria provocada polo covid-19. En reunións mantidas cos hostaleiros asociados, estos amosaron a súa preocupación polo futuro da súa ilusión e o seu sustento de vida debido ás medidas restrictivas que están a padecer por mor desta pandemia, xa que teñen que asumir a limitación de aforo, reducir horario laboral e incluso pechar como é o caso do ocio nocturno, repercutindo de xeito moi notable na súa facturación e afrontando prácticamente os mesmos gastos que antes da crise (impostos, persoal, luz, auga, internet,…)”, explican.

Lembran que é por isto que este sector tan castigado pola situación actual, solicita que as Administracións Públicas (locais, autonómicas,…) teñan en conta “as graves dificultades que están pasando” e saquen unhas axudas directas para paliar os efectos económicos que están a sufrir, así como acondicionar e climatizar as terrazas para poder sacarlle proveito nos meses de inverno.

“Apelamos responsabilidade e queremos concienzar á poboación que os establecementos hostaleiros son lugares seguros, sempre que se cumplan todos os protocolos sanitarios por ámbalas partes (hostaleiros e consumidores), rematan.

Etiquetas