Bonos consumo Vilalba

O Concello das Pontes abre unha lista de emprego para persoal de limpeza

O Concello das Pontes abriu o prazo para presentar as solicitudes para a creación dunha lista de espera de persoal de limpeza para a cobertura de sustitucións do persoal en caso de baixas puntuais-temporais (IT, vacacións, maternidade, excedencias ou calquer outro suposto), pero tamén a baixas definitivas de persoal de limpeza do concello que implique a existencia de vacantes.

As persoas aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, ter cumpridos os 16 anos de idade, non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función, non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local

A fase de concurso, non eliminatoria, consistirá na valoración dos servizos prestados, tanto na administración pública como na empresa privada e a fase de oposición constará dun exercicio tipo test, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Haberá tamén unha proba de coñecementos de lingua galega da que estarán exentas as persoas apirantes que aporten o titulo de galego Celga 2 ou equivalente.

As instancias, xunto coa documentación requirida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de de 8:30 a 14.00 horas ata o 30 de outubro. Para entrega da documentación no Rexistro do concello é necesario pedir cita nos teléfonos seguintes: 667129389 ou 667129380.

Etiquetas