Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Vilalba amplía o horario de cemiterio estes días

Por 29 Outubro, 2020Sin comentarios

Vilalba amplía o horario de cemiterio polo día de Todos os SantosO Concello de Vilalba anuncia a ampliación do horario de apertura do cemiterio municipal con motivo da festividade de Todos os Santos e Defuntos para facilitar o acceso á veciñanza.

Desta forma, o venres, sábado, domingo e luns o horario será de 10:00 horas a 18:00 horas. Haberá un control de acceso para garantir a seguridade e o cumprimento da normativa fixada polas autoridades sanitarias.

Con estas medidas, o concello pretende espaciar as visitas para evitar aglomeracións nestes días tan sinalados, garantindo a seguridade da veciñanza.

Ademáis, segundo o protocolo aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 23 de outubro, lémbrase que é importante evitar o contacto físico no cemiterio, mantendo en todo momento a distancia interpersoal.

É obrigatorio o uso da máscara e compre sinalar que o tempo de visita está limitado a trinta minutos. Só está autorizado o paso de grupos de como máximo catro persoas e recoméndase aos maiores de 75 anos e persoas vulnerables ao COVID que eviten o acceso ao cemiterio nos horarios de maior afluencia.