Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXASin categoríaZonas LUGOXA

Os concellos deciden aprazar escolas, actividades e outras citas

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

Os concellos deciden aprazar escolas, actividades e outras citasDebido ás novas normas e restriccións impostas pola Xunta de Galicia algúns concellos decidiron suspender ou aparzar diferentes actividades ata que “a situación se normalice”.

ABADIN. Suspendida tamén a Feira de Santos trala reunión da Xunta de Goberno Local. Ao tratarse dunha actividade que concentra moita poboación decidiron suspendela tamén pola situación de alerta sanitaria.

XERMADE. Aprazamento do comezo das Escolas Culturais 2020/2021. Posponse o comezo das actividades culturais, concretamente, os cursos de Costura, Faino ti mesm@ (manualidades) e Xabóns e cremas. Dado o tamaño reducido das aulas onde se levan a cabo ditas actividades, consideran “prudente esperar a unha evolución positiva da situación sanitaria para iniciar o comezo das escolas culturais”.

BEGONTE. O Concello de Begonte e o Concello de Begonte Fútbol Sala decidiron prorrogar o inicio de adestramentos das categorías base ata mediados do mes de novembro. Chegadas esas datas farase de novo unha valoración sobre a evolución da pandemia e informarase sobre a nova data de inicio. Amplíase o prazo de inscrición ata o próximo 15 de novembro.

FRIOL. O Concello de Friol tamén decidiu cancelar a feira mensual do 1 de novembro. As seguintes feiras quedarán supeditadas ás medidas da Xunta en datas sucesivas.