Iria Misa Peralba gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz

Iria Misa Peralba gaña o IV Premio Agustín Fernández PazIria Misa Peralba foi elexida gañadora da cuarta edición do Premio Agustín Fernández Paz, trala comunicación feita polo xurado do mesmo, que organiza o Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia. O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade faise coincidir  co cabodano deste literato.

A obra galardoada foi A cidade do átomo, presentada baixo o seudónimo de A Máscara. Sobre o concurso o xurado salientou a alta calidade media das obras presentadas e recomenda tamén a publicación dos orixinais baixo os lemas Monadas cuánticas, Bartolina Sisa e Vega.

Respecto a obra gañadora, destaca “a orixinalidade do tratamento do tema, a paisaxe abandonada da cidade ucraína de Prípiat, tras o accidente o 27 de abril de 1986 da central nuclear de Chernóbil. Destaca ademais a nivel estilístico a alta calidade da lingua empregada, así como a amenidade dun relato no que se mesturan textualidades diversas. A cidade do átomo, dirixido a un público infantil, pode interesar sen dúbida ao lector ou lectora de calquera idade, amolando que é posible conocer outras realidades dende a nosa lingua e ampliando así o horizonte temático da nosa lix”.

Iria Misa Peralba, natural de Gondomar, é licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como narradora publicou na colección Fóra de xogo as novelas Xa non estou alí, que foi premio Jules de verne de Literatura Xuveniul en 2016; Segredos no Solpor e Mamá, quero ser Ziggy Stardist, obra que tamén foi finalista da edición de 2018 deste premio.

O xurado estivo formado por Antía Yáñez Rodríguez, Manuel Bragado Rodríguez e María Xesús Fernández Fernández. 

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia cedendo ao gañador 30 exemplares do mesmo.

Etiquetas