Skip to main content

O Concello de Meira reparte estes días as axudas do plan Revitaliza o teu Municipio, que foi solicitado por 69 persoas e todas foron concedidas.

Destes xeito, os autónomos, empresarios de pymes e propietarios de negocios afectados polo descenso da facturación durante o tempo de confinamento recibirán axudas de entre 400 e 600 euros, extraídas dunha partida municipal que se sitúa nos 38.000 euros.

Pero esta non é a única acción que realizou o Concello para paliar a crise económica derivada da situación sanitaria, tamén se puxo anunciou a exención do pagao da taxa de auga e recollida de lixo entre os meses de marzo a xuño.