Bonos consumo Vilalba

A ITV móbil visita As Pontes en novembro e decembro

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre os días 26 e 30 de novembro no Concello das Pontes, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días que coincidan venres, que serán só pola mañá.

A unidade estará situada os días 26 e 27 na rúa Xoán A. Suances e o día 30 na Faeira.

Ademais, tamén realizarase a inspección técnica de turismo entre os días 28 e 30 de decembro. A unidade estará na rúa 8 de marzo.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

 

Etiquetas