Skip to main content
ActualidadeMurasSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Muras substitúe a Feria do Mel por unha cata

Por 3 Novembro, 2020Sin comentarios

Muras substitúe a Feria do Mel por unha cataDebido á actual situación sanitaria, o Concello de Muras decidiu suspender este ano a tradicional Feira do Mel de Montaña, que alcanzaría a súa sexta edición en O Viveiró. Deste xeito, a organización iguala a decisión que se repetiu en citas anteriores.

Malia esta suspensión, manterá a cata de meles, que celebrará a súa cuarta convocatoria o sábado 14 e sempre seguindo todos protocolos sanitarios covid-19.

A cata contará con dous galardóns, ao mellor mel de montaña e ao mellor mel monofloral de breixo, e está aberta a todos aqueles apicultores que teñan explotacións apícolas no municipio de Muras. Poderán presentar as súas mostras (un bote dun quilo de mel sen ningunha etiqueta) ata o xoves 5 na Casa do Mel de Goente, nas Pontes.

Haberá dous galardóns: Mellor mel de Montaña, e Mellor Mel Monofloral de Breixo e presidirá a cata Cristina Rodríguez Sanmartín; e actuará como secretaria Isabel Goti Caaveiro.

As bases establecen que se aceptará un máximo de 15 mostras, recollidas por rigorosa orde de entrega. Ademais, está prevista a celebración dun curso de micoloxía con José Luis Cuba e un taller de cociña a cargo de Antonio Díaz durante esa fin de semana.