Correos amplía horario na oficina en Meira

A oficina de Correos de Meira amplía desde este mes o seu horario de atención ao público. Deste modo, se antes se atendía de 9.00 a 11.00 horas, agora a atención é de 10.45 a 14.15, polo que pasa de dúas a tres horas e media de servizo cada día de luns a venres.

Ademais, amplíase os servizos. Antes só se facían envíos pero a partir de agora se realizan outros trámites habituais como o envío de burofax, telegramas, xiros, pago de impostos, abonar recibos, sancións de tráfico, recarga de móbilese compra de entradas para actividades ou mesmo lotería.

A ampliación do horario da oficina de Correos de Meira era unha demanda importante do Concello e na que levaban traballando tempo.

Etiquetas