Bonos consumo Vilalba

Remata a renovación do alumeado en dous barrios vilalbeses

Remata a renovación do alumeado en dous barrios vilalbesesO Concello de Vilalba rematou as obras de mellora do alumeado público nos barrios de Escairo e a Madalena, na parroquia de Mourence, unha actuación que consistiu na posta en marcha de novos puntos de luz e a renovación da rede existente.

O concelleiro de Servizos e tenente de alcalde de Vilalba, Rodrigo Pavón, destaca esta actuación, “xa que é un dos principais accesos ao casco urbán, unha zona que soporta un gran número de vehículos pois é un dos accesos dende a autovía do Cantábrico”. Remata a renovación do alumeado en dous barrios vilalbeses

“Ademais da mellora en alumeado, cos traballos tamén se mellora en seguridade, xa que aproveitamos as obras para colocar reductores de velocidade na estrada”, explica Pavón.

Esta mellora do alumeado forma parte do plan de renovación da rede nas parroquias do Concello de Vilalba, unha inciativa que contempla nunha primeira fase actuacións en Codesido, Tardade, Gondaísque, Mourence, Distriz, Boizán e Santaballa, cambiando todos os puntos de luz por tecnoloxía LED.

As parroquias mencionadas serán as primeiras nas que se realizará o cambio, pero “de xeito progresivo iremos renovando o alumeado de todas as do concello”, unha medida necesaria que se sustenta “no coidado e atención ao noso rural”, engade o concelleiro de Servizos.

Aproveitando esta actuación, o goberno local elaborará un inventario de puntos de luz de todo o Concello para futuras melloras, “pensando sempre nos nosos veciños e veciñas, nunha boa dotación de servizos e na optimización e aforro dos recursos do Concello”.

Etiquetas