Bonos consumo Vilalba

A anpa do Insua Bermúdez organiza un curso de informatica para pais

A anpa do Insua Bermúdez organiza un curso de informatica para paisA anpa do Ceip Antonio Insua Bermúdez de Vilalba celebrará nos próximos sábados un taller informático dirixido aos pais.

O obxectivo é explicar o manexo básico dos programas e plataformas máis empregadas polo colexio e resolver dúbidas ao respecto dos mesmos. A idea é que, en caso dun novo confinamento, os pais poidan ter un mínimo coñecemento destas aplicacións para poder axudarlles aos fillos a continuar coa educación a distancia.

Así, explicarase o funcionamento de Abalar, Aula Virtual, Google Drive e Cisco Webex.

As clases terán lugar este sábado, 7 de novembro, de 10.30 a 13.30 horas. Nesta primeira xornada instalaranse os programas e explicarase o seu manexo básico. O segundo sábado, 14 de novembro, de 11.00 a 12.00 horas, solucionaranse dúbidas e faranse prácticas.

Etiquetas