Taboada y Ramos S.L.

A hostalaría e o pequeno comercio de Guitiriz maniféstanse mañá

A hostalaría e o pequeno comercio de Guitiriz maniféstanse mañáA hostalaría e o pequeno comercio de Guitiriz convocaron unha manifestación para este sábado, 7 de novembro. O Concello de Guitiriz manifestou a súa solidariedade con esta acción, que se desenvolverá ás 11.00 horas no campo da feira de Guitiriz.

“Como administración temos a obriga de estar ao carón dos sectores máis afectados pola crise económica orixinada pola covid-19 e este é o momento”.

Compartimos o texto que está a difundir a organización que mañá, sábado 7 de novembro, a partir das 11 horas celebrará un acto reivindicativo que terá lugar no Campo da Feira.

Os convocantes están a difundir o seguinte comunicado:

“Polo futuro da hostalería, polo futuro do pequeno comercio, polo futuro das nosas familias, polo futuro de Guitiriz… ÚNETE!

Este sábado 7 de Novembro mobilízate!

A hostalería está gravemente ferida. O noso sector abrangue directamente outros negocios igual de importantes como os de distribución de alimentación e bebidas, servizos de limpeza, servizos de desinfección, mutuas, servizos de prevención, xestorías, deseño, papelería e prensa…

É por iso que chegou o momento de SUMAR e UNIR esforzos! Todos estamos implicados nesta terrible situación…

É por iso que vos convocamos mañá sábado 7 de Novembro no Campo da Feira de Guitiriz ás 11 da mañá., sumándonos así á convocatoria da nosa asociación provincial (APEHL), que organiza esta manifestación, igual que a que terán lugar en tódolos concellos da provincia, á mesma hora e o mesmo día.

Guitiriz, Parga e poboacións de arredores… Animádevos! Comercio e hostalería… Sumádevos!

Queremos solucións xustas! Non queremos máis financiación, axudas reais e correctas.

Pero sobre todo… estamos aquí pola criminalización dun sector económico que está acostumado a ser sempre o patiño feo de tódolos sectores. Que agora ten outra tarefa moi difícil pola que loitar… Quitarnos esa faciana de irresponsabilidade e desorde imposta.

Sempre insistimos en cumprir as normas que nos obrigan… Un reflexo moi importante son os hosteleiros de Guitiriz.

Basta xa de responsabilizarnos da propagación dunha enfermidade con datos que indican o contrario, igual que lles ocorren no sector cultural…

Cumpriremos coma sempre con tódalas medidas de seguridade e hixiene necesarias. Pregamos que veñades con máscara e respetedes en todo momento a distancia social aconsellada”.

Etiquetas