A Granxa Gayoso Castro presenta 8 exemplares á poxa de Adai

A Granxa Gayoso Castro presenta 8 exemplares á poxa de AdaiO deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao presidente de Acruga, César Dorado Pin, e acompañado doutras autoridades, participou este venres no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo, na XCIV Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega. Esta cita, na que se presentaron un total de 18 exemplares, foi a única poxa que Acruga realizou, posto que as demais non puideron levarse a cabo por motivo da covid-19.

Do total das 18 cabezas de gando, Acruga presentou 8 xatas preñadas entre os 25 e 30 meses procedentes da Granxa Gayoso Castro cun prezo de saída de 1.900 euros; 6 novillas e 4 machos de gandeiros dos concellos de Samos, Pantón, Lugo e O Corgo. Os gandeiros e gandeiras que adquiriron algún exemplar contaron cunha axuda de Caixa Rural de 200 euros no caso das femias e 300 euros para a compra dun macho.

Os 8 exemplares que presentou Acruga son parte do rabaño da Granxa Gayoso Castro, posta en marcha pola institución provincial. A Deputación mantén unha importante colaboración con este colectivo ao que lle destina unha achega total de 1,4 millóns de euros ata o 2022.

Esta colaboración destínase por unha banda, para unha liña de axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con Acruga para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.

Etiquetas