Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAAMARIÑAXA

Aproban un plan de xestión do xabaril e control da peste porcina

Por 7 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que consensúe co sector e poña en marcha un verdadeiro Plan de Xestión do xabaril para “controlar e estabilizar á súa poboación”. O portavoz de Agricultura, Martín Seco, reclamoulle ao goberno galego que extreme o control biosanitario nas fronteiras para previr a chegada de peste porcina a Galicia e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista denunciou o “desleixo” demostrado polo goberno galego fronte a un problema que está a xerar continuos danos nos cultivos de horta e forraxe, ata o punto de comprometer a viabilidade de explotacións, como nas estradas. Explicou que o xabaril se ten convertido nunha das principais causas de sinistralidade viaria, con 1.805 accidentes no ano 2019.

Criticou que o goberno galego teña renunciado a convocar as axudas polos danos ocasionados por estes animais en cultivos agrícolas dende 2016, que só recuperou “co esperpento de cartas enviadas a poucos días das eleccións anunciando a aprobación de axudas económicas por danos ocasionado polo lobo e o xabaril que foran denegadas en xuño”. Sen embargo estas axudas foron anunciadas “sen indicar orzamento nin prazos para levalo a cabo”.

Fondo de correspondabilidade

A proposta aprobada inclúe a petición dun Fondo de Corresponsabilidade e un plan de indemnizacións dos danos ocasionados por este animal, así como un Plan de Indemnizacións. Tamén incorpora e a reclamación á Xunta para que resolva os problemas que rexistra o teléfono 012, que é a única vía para tramitar as axudas pero as persoas afectadas ven en ocasións imposible contactar, co que non poden presentar as solicitudes antes das 72 horas esixidas.

O parlamentario socialista propuxo a reforma do sistema de recollida de información por parte da Consellería, que permitiría que as capturas sexan un indicador fiable da situación da especie e orientar unha xestión adecuada. Salientou a necesidade de “deixar claro que a cota establecida nos Plans de Aproveitamento é orientativa que ao parecer a Consellería utiliza como estima poboacional unicamente”.

Tamén apuntou á necesidade de cambiar a normativa sobre as actuacións permitidas aos Tecor para prever danos, flexibilizar as restricións das axudas da PAC por greening, a instalación de comedeiros antes da sementa ou plans de solta de cans como medida demitigación.

Peste porcina

A proposta aprobada hoxe inclúe ademais pedirlle á Xunta que extreme o control biosanitario nas fronteiras para previr a chegada da peste porcina a Galicia, ademais dun plan de continxencia ante a posibilidade de que aparecera un caso en Galicia. Malia que a enfermidade non é transmisible ás persoas, a súa chegada podería supor danos “dramáticos” para o sector do porcino galego, que exporta o 70 por cento da produción e supón 1,2 millóns de cabezas en 25.500 explotacións.