Instalan sistemas automáticos para a cloración en 6 depósitos da Pastoriza

O Concello da Pastoriza vén de completar a implatación dun revolucionario sistema  para a cloración e xestión da agua potable na red de abastecemiento municipal que contemplou a mellora dos depósitos de abastecemento de auga potable muncipal.

As obras foron feitas con fondos de compensación ambiental e orzamentadas nun importe de 50.000 euros, incluídos os honorarios dos técnicos que redataron os proxectos.

As obras consistiron na instalación de bombas dosificadoras electrónicas para a cloración da auga de consumo, a instalación de contadores de auga emisores de pulsos que emiten a dose adecuada de cloro, instalación de bombas de tomas de mostras da calidade da auga, a instalación dun atómata que permite a xestión telemática do sistema de cloración e a instlación dun sistema de placas fotovoltaicas, onde non hai acceso á corrente eléctrica para que poida funcionar este sistema nos depósitos.

Estas melloras instaláronse nos depósitos de A Rúa (Úbeda), en Saldanxe, en Fancos (Bretoña), Curuxeiras, Loboso e Baltar.

“É unha obra que contribúa a prograsiva modernización do serviso de tratamento de auga potable do Concello. Esto vai significar un aforro enerxético e un control moito máis eficaz da traída municipal”, explicou o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias.

Etiquetas