Convocan un concurso de microrrelatos de terror en Castro de Rei

Convocan un concurso de microrrelatos de terror en Castro de ReiO IES da Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos de Terror, na que xa é a súa quinta edición. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende fomentar a creación literaria aproveitando esta época do ano.

Os alumnos interesados en participar deberán presentar a súa obra antes deste venres, 13 de novembro, por correo electrónico a bbtk@iesdaterracha.net ou a través de instagram na biblioteca do centro @bbtk.iesterracha.

Admítense contos, anécdotas ou relatos cunha limitación de cen palabras, que se disputarán dous premios.

Etiquetas