Guitiriz acolle a reunión da Mesa de Calidade do Sictec

O Concello de Guitiriz acollerá a reunión da Mesa de Calidade do Sistema de Calidade Turística en Destino (Sicted), o vindeiro xoves, 12 de novembro ás 12:30 horas.

O acto terá lugar na Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ e representantes de administración pública e de empresas privadas aprobarán os informes de avaliación para obter o distintivo de calidade baixo o selo Sicted.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Excelencia no Camiño Norte” do Teu Xacobeo e, nesta sesión anual, darase a coñecer e analizarase o proceso de seguimento do proxecto, garantindo a súa continuidade, tal como esixe o regulamento desta marca de calidade.

Nesta xornada estarán presentes a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, a Concelleira de Turismo, María Pilar Vázquez Ares, a Deputada Provincial, Pilar García Porto e unha persoa representante dos sectores que participan no acto.

Etiquetas