Skip to main content
ActualidadeCospeitoSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O PSOE de Cospeito volverá pedir axudas para os empresarios locais

Por 9 Novembro, 2020Sin comentarios

O grupo socialista de Cospeito, que preside Rosa Morán, presentará no próximo Pleno, previsto para finais do mes de novembro, unha nova tanda de medidas de axuda e apoio aos empresarios perxudicados economicamente pola situación de pandemia.

“É o momento de que o Concello bote unha man á xente e ir un pouco na liña do que dixo Feijóo de rebaixar impostos aos negocios afectados como medida de axuda”, explicou mentras lembraba que o seu partido presentou no seu momento unha batería de medidas encamiñadas nesta liña “pero todas foron rexeitadas. Nós volveremos presentalas porque a ver si agora o di o presidente da Xunta, son mellor acollidas”.

A socialista lembrou que en Cospeito non se deron axudas “que o alcalde consideraba desproporcionadas, pero cremos que agora se vexan necesarias”.

Por outra banda, a concelleira explicou que foi “atinado” non abrir as escolas deportivas, nin as piscinas, “vista a situación actual”, aínda que considera “que foi máis por desidia que por outra cousa”. Tamén loubo o traballo desenvolvido nos colexios “que se seguen os protocolos perfectamente grazas ao gran traballo que desenvolven os profesores”.

Rosa Morán anunciou tamén que o seu grupo volverá preguntar no Pleno polo estado do Plan Xeral, “que tiña que ter contestadas as alegacións xa no mes de setembro”.