Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O GDR Terra Chá reparte máscaras contra a violencia de xénero

Por 10 Novembro, 2020Sin comentarios

O GDR Terra Chá reparte máscaras contra a violencia de xénero O GDR Terra Chá reparte máscaras contra a violencia de xéneroO GDR Terra Chá colabora coa Consellería de Política Social e Ministerio de Igualdade cunha campaña de sensibilización sobre violencia de xénero.

O proxecto constirá en varias accións, unha delas será o reparto de 1700 máscaras hixiénicas entre os 10 concellos do territorio do GDR2, xunto con información relativa a cuestións varias de violencia de xénero. Nesta información inclúese un slogan no que invita a cubrir a boca polo covid-19, pero non pola violencia de xénero. Tamén se inclúese información relativa á violencia sexista e pautas sobre como se debe actuar en caso de sufrir malos tratos ou de saber quen está a ser vítima dos mesmos.

Estas máscaras suponen un apoio ao traballo de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, xa que foron elaboradas por mulleres que sufriron esta lacra; están certificadas e son sociais, ecolóxicas e reutilizables (ata 5 lavados).

O folleto tamén conta con recomendacións de uso das máscaras e a súa colocación e limpeza.

A presidenta do GDR-2 Terra Chá, Fe Legaspi, entregou xas as máscaras no Concello de Vilalba a alcaldesa, Elba Veleiro.