Taboada y Ramos S.L.

Preparan unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, sigue desenvolvendo actividades, en especial encaminadas a estas datas navideñas.

Segue ultimando o que vai ser xa a XII edición do Mercado de Nadal, que comenzará o mércores 9 de decembro do 2020 e rematará o martes 5 de xaneiro do 2021, coincidindo coa celebración da Cabalgata de Reis.

A asociación, que está a participar nestes días na campaña Días Azuis, dará a coñecer o número total de partipantes e os premios a repartir.

A Asociación de Empresarios de Muimenta, sumouse dende o luns e ata o 30 de novembro, á campaña Días Azuis do Comercio Galego, campaña que ten como obxectivo impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto económico.

DÍAS AZUIS

A que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña u solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

A Asociación de Empresarios de Muimenta lembra “Merca no comercio local, agora máis ca nunca”.

 

Etiquetas