Un acertante da Quiniela, premiado en Guitiriz

Un acertante da Quiniela, premiado en Guitiriz A Quiniela de fútbol desta pasada xornada deixou en Guitiriz un premio de 56.623,92 euros que corresponde a un boleto múltiple, selado na administración de loterías El Milenio de Oro.

Na xornada do domingo, a décimo terceira da tempada, houbo 20 apostantes que lograron senllos premios de 14 acertos e que recibiron 34.274 euros. Un dos boletos gañadores foi o de Guitiriz, que recibiu finalmente un premio maior por tratarse dun múltiple.

Situada na avenida da Coruña, na administración guitiricense caeron nos últimos anos importantes premios: en febreiro do 2018, nun sorteo de lotería, repartiu máis de oito millóns de euros. No que leva de outubro, tamén deu 450.000 euros na lotería, unha Primitiva de 2.500 e outras dúas quinielas, unha de 12.0000 euros e outra de 7.000.

Etiquetas