Bonos consumo Vilalba

As obras da rúa Concepción Arenal das Pontes entran na súa recta final

As obras da rúa Concepción Arenal das Pontes entran na súa recta finalAs obras de mellora da rúa Concepción Arenal, un proxecto cun orzamento de 23.020 euros, financiados a través de fondos propios, entran esta semana na súa recta final á espera de que se dean as condicións climatolóxicas precisas para proceder á aplicación de produtos antiescorregantes na beirarúa.

Esta actuación ten como obxectivo mellorar a pavimentación e a accesibilidade do viario,   impulsando a mobilidade na zona para aumentar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os traballos realizados destacan a renovación da capa de rodadura do vial mediante a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico, o levantamento da cota dos sumidorios así como a reparación dos bordos e a reposición da sinalización horizontal no viario.

Ademáis procedeuse á renovacion da beirarrúa mediante aportación de morteiro estrutural para subsanar os problemas de gretas e fochancas, traballos que rematarán coa aplicación de dúas capas de revestimento a base de resinas antiescorregadizas.

Etiquetas