Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Candorka Trío estará na Casa-Museo Manuel María

Por 11 Novembro, 2020Sin comentarios

Candorka Trío estará na Casa-Museo Manuel MaríaCandorka Trío estará este sábado, día 14 de novembro, ás 19 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar a súa proposta musical que ten como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de a expresar desde a experimentación e o inconformismo. Unha achega contemporánea que abranxe do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar as melodías galegas que aínda conservan a capacidade para nos definir nun mundo cada vez máis global.

Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López tiraron, en 2019, un primeiro traballo, Fonsagrada, froito da complementariedade e das inquedanzas destes tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e voga da bisbarra da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. Dúas mostras deste traballo:

Esperanza ( https://www.youtube.com/watch?v=5VhZ27nNVT4) e  Xota de Florencio (https://www.youtube.com/watch?v=81JDKDamr44

Para poder asistir a este concerto cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O prezo do billete é de cinco euros.