--->https://galiciaxa.com/?p=24654 O CPI Doutor López Suárez de Friol está a mellorar a súa eficiencia enerxética - Terrachaxa.com

O CPI Doutor López Suárez de Friol está a mellorar a súa eficiencia enerxética

O CPI Doutor López Suárez de Friol está a mellorar a súa eficiencia enerxéticaO CPI Doutor López Suárez de Friol está a mellorar a súa eficiencia enerxética1O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse a Friol para comprobar as obras de reforma que se están levando a cabo no Centro Público Integrado (CPI) Doutor López Suárez.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 665.000 euros aos  traballos no colexio, que contemplan reformas interiores como a redistribución da zona de oficinas, a habilitación dunha sala para reunións coas familias ou a ampliación da  área de almacenaxe da biblioteca. Tamén se instalan falsos teitos, púlese o pavimento, substitúense portas e píntanse os paramentos, entre outras tarefas.

No que atinxe á mellora da eficiencia enerxética, procédese á substitución de chapa de cuberta por panel sandwich con illamento intermedio de poliuretano no edificio 1, así como o illamento polo exterior mediante sistema SATE, realizado con placas de illamento térmico de poliestireno expandido EPS, nos edificios 1 e 2. Igualmente,  colócanse novas fiestras con  carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e persianas con illante térmico. Cámbianse as luminarias dos dous edificios por equipos LED con regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns.

A maiores, mellórase a accesibilidade a través da construción de dúas ramplas, unha en cada un dos accesos á planta baixa do edificio 2.

Arias sinalou que as obras teñen un prazo máximo de execución de tres meses, e desenvólvense de xeito que non interfiran no normal desenvolvemento da actividade lectiva.

O delegado destacou que a Consellería continúa modernizando os centros públicos, mellorando as dotacións e o confort para a comunidade educativa, e avanzando no eido da sustentabilidade ambiental, con edificios que reducen o consumo e as emisións contaminantes.

Etiquetas