Bonos consumo Vilalba

Baamonde pide unha aclaración de si haberá feira do capón

ue todos os anos ten lugar en vésperas de noiteboaO PP pídelle ao Goberno local algunha explicación do que se prevé facer este ano coa feira do capón, que todos os anos ten lugar en vésperas de noiteboa. Os populares aseguran que é moi probable que non se poida celebrar nas condicións sanitarias actuais “pero se debería de elaborar un plan nun sentido e noutro e comunicar á poboación e, sobre todo aos produtores, o que se vai facer”.

O voceiro do PP en Vilalba, Agustín Baamonde, indicou que “falta pouco menos dun mes e para os criadores é tempo de meter os polos na capoeira e moitos deles non saben o que teñen que facer, se vai haber feira ou non, porque uns dicen que si e outros non o sabe”. Asegura que coas novas medidas postas en marcha pola Xunta, para o Nadal podería celebrarse a feira se todo vai ben, “pero temos que poñernos no peor dos escenearios e buscar opcións para os produtores”.

Baamonde explica que nos últimos anos estase a producir un decenso de importante do produto que se vende na feira, xa que moitos produtores prefiren facelo dende a casa. “Os grandes criadores posiblemente resolvan desa maneira pero os pequenos non teñen esa posibilidade, así que habería que pensar na posibilidade de crear plataformas on line para poñer en contacto a produtores e compradores ou plantexarse a posibilidade de que podan recibir axudas directas e compensacións”, subliña.

O exalcalde de Vilalba teme que de non facerse nada “poderíamos dar un paso máis de cara á desaparición da feira. “Nos últimos anos está baixando o número de pares de capóns que se levan á feira, xa estamos por baixo dos 300, o que leva aparellado menos xente, e non podemos deixar que segua esta dinámica”.

“Son momentos complicados e non se sabe o que vai pasar, pero a tarefa do goberno é plantexarse esas dúbidas e debuxar un esceario con situacións alternativas. A concelleira ou a alcaldesa deberan comparecer publicamente e tranquilizar a criadores e aclarar o que vai pasar con ela”, recalca.

 

Etiquetas