Bonos consumo Vilalba

Rematan as probas de biocombustibles sen comunicación oficial de resultados

Rematan as probas de biocombustibles sen comunicación oficial de resultadosA situación en Endesa volve á paletra mentres se espera a comunicaicón oficial dos resultados das probas con biocombustibles, xa que remataron a segunda fase destes test a primeira semana deste mes, tralo parón ocasionado polo bloqueo dos traballadores das empresas auxiliares á fábrica debido ao traslado de material.

Unha vez retomadas as probas e tras unha primeira fase valorada polos traballadores e investigadores de forma moi positiva, todos esperan a comunicación da central, para ver a viabilidade da súa continuidade.

Dende o comité aseguran que “os resultados son espectaculares, traballamos cun 50% menos de carbón sete días sen incidencias e sen facer ningún investimento”.

“A verdade é que non, se que hai un forte debate no seo do comité técnico por culpa dos informes. Os resultados son irrefutables e deberían chegar ás persoas que toman as decisións sen manipulacións e desde a dirección en Madrid pretenden enfocalo de maneira catastrofista aínda que os datos non o apoien. O proxecto é solvente e unha necesidade para o país”, explica  Marcos Seijas, participante nas probas e representante sindical.

Por outra banda, o comité de empresa denunciou que cos resulados aínda pendentes, a compañía xa asignou destino a 53 traballadores deste centro de traballo cando aínda non se decidiu sobre a “viabilidade técnica e económica” destas instalacións, coa utilización de biocombustibles.

En concreto, lembran que este centro de produción de enerxía “non ten a data de peche asegurada, cos catro grupos aínda dispoñibles”, e que “se teñen que garantir as necesidades de persoal para a operatividade da mesma, incluíndo o suposto de viabilidade técnica, económica e ambiental das probas de biocombustibles”.

É por iso que desde o comité de empresa emprazaron á dirección á paralizar as recolocacións.

Etiquetas