Bonos consumo Vilalba

Volven hoxe os Xoves na Biblio nas Pontes

Volven hoxe os Xoves na Biblio nas PontesA biblioteca das Pontes continúa hoxe co seu programa Xoves na Biblio, que constará este mes de tres sesións de contacontos.

Así, a primeira sesión estará a cargo de Pedro Brandariz, con A familia de Tango, dirixida a público de 3 a 10 anos. Continuarán o xoves 19 con Carmen Domech que contará Contos para pasalo de medo, nesta ocasión para nenos de 4 a 11 anos Finalizarán as sesións o xoves 27 con Levántate Xan, a cargo de Caxoto contacontos, unha actividade para bebés de 0 a 3 anos.

Todas as sesións terán lugar ás 18.00 horas.

Será precisa a inscrición previa na actividade que se poderá realizar presencialmente na Biblioteca ou a través do teléfono (981 102 562).

Etiquetas