--->https://galiciaxa.com/?p=24691 Convocada unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta - Terrachaxa.com

Convocada unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta

Convocada unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta

A XII edición do Mercado de Nadal arrincará este ano o mércores 9 de decembro e rematará o martes 5 de xaneiro do 2021 (Día da Cabalgata de Reis) coa participación de 29 negocios. Trátase dunha actividade que se repite todos os anos e que forma marte das concretadas na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila.

Os premios a repartir serán vales de 100,00 euros cada un deles aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis que se celebra o 6 de xaneiro. Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Este ano serán 29 os negocios a prticipar polo que a contía dos premios é maior, xa que se repartirán un total de 18.000 rifas entre os clientes, o que pode significar gañar ata 1.800 euros .

Neste ano, manténse o período para que os gañadores dos vales se den a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta, para facer entrega do vale do premio. Teñén que informar antes de que remate o mércores 15 de xaneiro. Igualmente, non será válido que se gaste o valor do premio antes da entrega do vale.

A iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

“Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de todos, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles”, explican.

Etiquetas